23/06/2010

Lecturas para o verán

O verán é unha época axeitada para moitas actividades. Unha delas é a lectura. Quen non ten disfrutado dun día de praia cun libro nas mans? Pois falando de libros, vouvos recomendar alguns para estes dous meses de vacacións. Son libros que penso que podedes e debedes ler para formarvos e entender a historia, a filosofía, a vida do home occidental, en definitiva. Son os seguintes:
-A Ilíada de HOMERO
-A Odisea de HOMERO
-Edipo Rei de SÓFOCLES
-Apoloxía de PLATÓN (Critón, Banquete, Protágoras....)
Poderíamos engadir algunha comedia, As Nubes ou Lisístrata de ARISTÓFANES
algo da historia de HERODOTO ou TUCÍDIDES, ou algún discurso de LISIAS ou DEMÓSTENES.
Aos catro primeiros, imprescindibles para adentrarse na Grecia antiga, eu engadiría un sen o cal dificilmente poderemos entender gran parte da arte e da literatura occidental desde o Renacemento ata os nosos días. Estoume a referir As Metamorfoses de OVIDIO, obra cumbre da literatura latina e imprescindible para situarse na mitoloxía clásica.

Nenhum comentário:

Postar um comentário