23/01/2012

ETAPA CLÁSICA

Cronoloxía: século V e parte do s. IV a.C. (500-323 a.C.)

A partir do século V a.C. e ata a morte de Alexandre Magno, no ano 323 a.C., a Grecia antiga vive o esplendor da súa civilización. Unha serie de circunstancias, sobre todo a victoria nas Guerras Médicas, favorecieron que Atenas adquirise un papel preponderante no aspecto militar, económico e político sobre as demais poleis. 

Reconstrución da Acrópole
  • Instauración do réxime democrático con CLÍSTENES, quen agrupou aos cidadáns non segundo a súa liñaxe ou fortuna, senón polo seu lugar de nacemento.
  • Nos primeiros anos do século V teñen lugar as GUERRAS MÉDICAS (490-480 a.C.) contra os persas, que conquistaran algunhas das colonias gregas de Asia Menor e entorpecían o comercio das poleis gregas coas súas colonias. Destacan a batalla de Maratón e a das Termópilas.
  • Creación da LIGA DÉLICA, confederación de 200 cidades gregas para facer fronte ao imperio persa, cun compromiso de aportación militar e económica. Tiña a illa de Delos como sede. Dado o protagonismo que Atenas obtivo na Liga, esta transformouse nun imperio onde todas as cidades lle pagaban un tributo.
  • PENTECONTECIA, período de 50 anos de paz (do 480 ao 430 a.C.) nos que Atenas acadou o seu máximo esplendor, destacando a época de Pericles que representa o Século de Ouro da cultura grega. Pericles reforzou os principios democráticos ampliando as atribucións das distintas institucións, e dispuxo retribuír economicamente aos cargos públicos o que facilitou o acceso aos mesmos a todo tipo de cidadáns.
  • Desenvolvemento do teatro que formaba parte da vida das polis e estaba  ligado ás festas que ali se celebraban e aos edificios que se construían. Destacan Esquilo, Sófocles e Eurípides na traxedia, e Aristófanes na comedia.
  • Desenvolvemento do pensamento filosófico (Sócrates, Platón e Aristóteles)
  • Desenvolvemento da arte, coa reconstrución da Acrópole
  • GUERRA DO PELOPONESO entre Atenas e Esparta e os seus respectivos aliados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário