18/01/2011

A Odisea

Como estes días tedes que ler A Odisea de Homero, áconséllovos que entredes neste link e poderedes empezar a ler sobre este poema épico que narra as aventuras de Odiseo ou Ulises no regreso a súa patria, Ítaca, despois de dez anos de guerra en Troia. Alí espéralle a súa muller Penélope e o seu fillo Telémaco. Mais este retorno durará outros dez anos por mor da vinganza de Poseidón, e estará cheo de aventuras tan marabillosas que acabarám por converter este poema épico nun dos mellores relatos de aventuras de todos os tempos, así como á palabra odisea en sinónimo de aventura e ao seu protagonista Ulises nun símbolo universal.
Se queredes saber máis sobre a historia mítica de Odiseo podedes ler "Mitoloxía Clásica en Galiza. Os heroes" da editorial Baía (páxinas 34 a 58) que temos na biblioteca do Instituto.

Nenhum comentário:

Postar um comentário