O mito de ORFEO e EURÍDICE é un mito de AMOR, e un dos mitos gregos que máis ten influido na arte e na literatura occidental. Como forma parte dos mitos do deus Hades e, polo tanto, entrará no exame, déixovos este vídeo que espero vos sirva como repaso ao visto en clase.
17/02/2012
07/02/2012
ETAPA HELENÍSTICA
Alexandre Magno morre de febres no ano 323 a.C., á idade de 33 anos. Alexandre pretendera formar un gran imperio mesturando a cultura oriental e a grega, xa que cría nun imperio universal e na unidade de todos os homes e os pobos, segundo as ideas estoicas.
A súa sucesión foi difícil e acabouse dividindo o seu reino entre os seus xenerais que fundaron os REINOS HELENÍSTICOS, ao estilo persa. Creáronse tres grandes reinos:
1- Macedonia e Grecia >>> dinastía Antigónida
2-Asia Menor, Siria, Mesopotamia e Persia>>> dinastía Seléucida
3-Exipto >>> dinastía Ptolomaica
CRONOLOXÍA (323 a.C.- s.I a.C.)
Chámase período helenístico ao que abarca desde a morte de Alexandre (323 a.C.) ata finais do s. I a.C. coa conquista de Exipto polos romanos, sendo unha época de notabeis cambios.
CARACTERÍSTICAS:
- Difusión da lingua e a cultura grega por todo o imperio de Alexandre. A koiné converteuse na lingua oficial dos novos reinos e, grazas a ela, a cultura grega pasou a ser universal. Máis tarde os romanos asimilaron este helenismo grego e foron os seus continuadores.
- Aumento dos xéneros literarios e das edicións dos libros.
- Triunfo das relixións mistéricas que propiciaban unha relación máis directa entre o home e a divindade.
- Avance científico grazas á relación entre a tradición exipcia e babilónica e aos coñecementos técnicos gregos.
- Gran desenvolvemento económico con apertura das rutas comerciais.
- Atenas segue a conservar o seu prestixio cultural, pero xorden outras cidades como Pérgamo, Mileto, Rodas, Antioquía e Alexandría que serán novos de centros de difusión da cultura grega e contribuíron ao desenvolvemento da ciencia mediante a creación de bibliotecas e museos.
Laocoonte e seus fillos. Museo Pío Clementino (Vaticano-Roma)
FIN:
Coa conquista de Grecia por Roma no ano 146 a.C., tras a batalla de Corinto, podemos dicir que termina esta etapa, aínda que a podemos facer chegar ata o ano 31 a.C., data da batalla de Accio na que cae o último dos reinos helenísticos, Exipto.
26/01/2012
ORFEO
Ode a Orfeu
Pai e señor deus do encantamento
e da armonía: puxeche orde
no mundo e tenrura no noso
fleve corazón salvaxe e bárbaro.
Non teño a tua inefabel lingoaxe
sen palabras. Poño, no teu altar
sagrado, estes soídos duros,
sen concerto,
como informes seixos sen luír.
Ampárame. Concédeme o teu favor:
o son divino da tua lira para
que poida amansar e humanizar
á fera feroz que levo dentro.
Manuel María, As lúcidas lúas do outono, ed. Vía Láctea, Oleiros, 1988
23/01/2012
ETAPA CLÁSICA
Cronoloxía: século V e parte do s. IV a.C. (500-323 a.C.)
A partir do século V a.C. e ata a morte de Alexandre Magno, no ano 323 a.C., a Grecia antiga vive o esplendor da súa civilización. Unha serie de circunstancias, sobre todo a victoria nas Guerras Médicas, favorecieron que Atenas adquirise un papel preponderante no aspecto militar, económico e político sobre as demais poleis.
Reconstrución da Acrópole
- Instauración do réxime democrático con CLÍSTENES, quen agrupou aos cidadáns non segundo a súa liñaxe ou fortuna, senón polo seu lugar de nacemento.
- Nos primeiros anos do século V teñen lugar as GUERRAS MÉDICAS (490-480 a.C.) contra os persas, que conquistaran algunhas das colonias gregas de Asia Menor e entorpecían o comercio das poleis gregas coas súas colonias. Destacan a batalla de Maratón e a das Termópilas.
- Creación da LIGA DÉLICA, confederación de 200 cidades gregas para facer fronte ao imperio persa, cun compromiso de aportación militar e económica. Tiña a illa de Delos como sede. Dado o protagonismo que Atenas obtivo na Liga, esta transformouse nun imperio onde todas as cidades lle pagaban un tributo.
- PENTECONTECIA, período de 50 anos de paz (do 480 ao 430 a.C.) nos que Atenas acadou o seu máximo esplendor, destacando a época de Pericles que representa o Século de Ouro da cultura grega. Pericles reforzou os principios democráticos ampliando as atribucións das distintas institucións, e dispuxo retribuír economicamente aos cargos públicos o que facilitou o acceso aos mesmos a todo tipo de cidadáns.
- Desenvolvemento do teatro que formaba parte da vida das polis e estaba ligado ás festas que ali se celebraban e aos edificios que se construían. Destacan Esquilo, Sófocles e Eurípides na traxedia, e Aristófanes na comedia.
- Desenvolvemento do pensamento filosófico (Sócrates, Platón e Aristóteles)
- Desenvolvemento da arte, coa reconstrución da Acrópole
- GUERRA DO PELOPONESO entre Atenas e Esparta e os seus respectivos aliados.
19/01/2012
CIVILIZACIÓN CRETENSE
Cronoloxía: auxe do 2000 ao 1600 a.C.
Características:
-pobo de mercaderes, industriais, agricultores e mariñeiros. Destacan no traballo de metais preciosos e exportan xoias e armas.
-monarquía burocrática e centralista.
-edificaron cidades sen amurallar con palacios con patios interiores, cunha distribución laberíntica. Destacan CNOSO e FESTO.
-arte:
.sobresae a columna de madeira pintada con fuste máis estreito na base e cun capitel que será o precursor do estilo dórico.
.os frescos dos palacios mostran temas de inspiración naturalista e escenas da vida cotiá.
.cerámica elegante no perfil e na decoración, primeiro xeométrica e logo de temática naturalista.
.algunhas esculturas que representan a deusas (deusa das serpes)
-relixión: divindades femininas obxecto dun culto doméstico.
-escritura:
.escritura silábica, LINEAL A, aínda sen descifrar, en taboíñas de arxila.
.disco de Festo: disco de terracota impreso por ambos lados, cunha serie de selos de pedra que forman unha espiral con 45 símbolos. É a mostra máis antiga de texto escrito e está sen descifrar.
Fin: a destrución de Cnoso e a caída da civilización minoica coincidiron co comenzo do período máis próspero da civilización micénica, o que suxire que en parte foron os micénicos os causantes do seu declive. Só en parte porque na illa de Thera (a 110 km) tivo lugar unha das maiores erupcións volcánicas da prehistoria recente, cara ao ano 1627 a.C., causando un xigantesco maremoto. Outra teoría sostén que a erupción de Thera podería ser a inspiración principal da lenda da Atlántida
Fontes:
a) Arqueoloxía:
.Arthur Evans: a principios do s.XX desenterrou o palacio de Cnoso
.unhas 3000 taboíñas de arxila
b) Mitoloxía: lenda do Minotauro
Podedes ver vídeos sobre Creta, premendo AQUI.
13/01/2012
ETAPA ARCAICA
CRONOLOXÍA:
do 800 ao 500 [3 séculos: VIII, VII e VI a.C.]
CARACTERÍSTICAS:
do 800 ao 500 [3 séculos: VIII, VII e VI a.C.]
A partir do século VIII a.C. a sociedade grega presenta uns caracteres máis definidos ao haber unha documentación máis abundante. Esta etapa, chamada arcaica, reflexa un mundo en constante transformación e creador de novas formas.
CARACTERÍSTICAS:
- plenitude da polis, agrupación urbana autónoma e autárquica cunha economía que se apoia, ademais de na agricultura e na gandaría, na industria e no comercio.
- desenvolvemento da industria e do comercio que crea novas fontes de riqueza.
- nace unha burguesía que vai esixir cambios sociais ante a nobreza aristocrática.
- aparece a figura do lexislador que formula as primeiras leis escritas.
- aparece a figura do tirano que goberna "para o pobo pero sen o pobo".
- aumento demográfico.
- expansión colonial polo Mediterráneo.
- desenvolvemento da poesía épica (s.VIII a.C.)
- xurdimento da poesía lírica (s. VII-VI a.C.)
Assinar:
Postagens (Atom)


_-_Foto_G__Dall'Orto.jpg)


