20/10/2010

Audiolectura de A Ilíada

Na páxina central do blogue da biblioteca tedes unha entrada moi interesante sobre os libros dixitais. En concreto, é de especial interese para nós a audiolectura d´A Ilíada, da tradución de Segalá que estamos a ler os xoves na clase. Déixovos este enlace para que non haxa disculpas e a visitedes. Merece a pena, de verdade!

3 comentários:

  1. Tedes que abrir "o libro total", premer en clásicos, logo en clásicos gregos e, finalmente n´A Ilíada e sae unha voz declamando a versión de Segalá.
    Confirmádeme se podedes escoitalo ou non

    ResponderExcluir
  2. Yo sí que puedo escucharlo. Está muy bien, pero me gusta más cómo lees tú, profe, ¡que le das más vidilla a la historia!

    Clara A.

    ResponderExcluir
  3. Alégrame que prefiras a miña lectura, a fin de contas tesme que aguantar todo o curso e non me podes apagar dándolle a un botón. O importante é que leades esta OBRA porque é fermosísima e deixa unha pegada moi fonda ao que a sabe ler ¡xa o comprobaredes!

    ResponderExcluir