07/10/2014

Movie-makers




Aqui tedes alguns exemplos de traballos feitos por alumnos de Cultura Clásica o curso pasado:

29/04/2014

FICHAS VIDA COTIDIANA

ÉSTE É O ENLACE DO RESUMO DAS FICHAS DA VIDA COTIDIANA:


17/02/2014

Tema 1: LINGUA

TEMA 1: LINGUA
Que imos estudiar? A historia das linguas da cultura clásica, é dicir GREGO  e LATÍN
1-AS LINGUAS DO MUNDO
Na actualidade existen unas 6.500 linguas no mundo.
Comparando a  maior parte das linguas europeas e unha parte das de Asia podemos ver moitas semellanzas entre elas (método comparativo). Isto fainos pensar que todas elas teñen unha orixe común, que derivan dunha mesma lingua. Os lingüistas chamaron ide á nai de todas estas linguas.
Mapa
http://www.arquivosdotrasno.blogspot.com.es/2013/09/dia-europeo-das-linguas-2013.html
O ide era a lingua falada por un pobo que habitou as estepas de Asia central no cuarto milenio a.C.
Non conservamos ningún documento escrito, foi reconstruido mediante o método comparativo: exemplo
Grupos lingüísticos derivados do ide:
-báltico
-eslavo
-xermánico
-céltico
-grego
-románico

2-O alfabeto grego
baixar a fonte EUCLIDES
3-O abecedario latino
4-Evolución do latín ao galego e ao castelán:
-ct- >>ch/it:  noctem-strictum-factum-tectum-lactucam
-lt->>ch/it: multum
-li->>j / ll: mulierem-consilium
-culum/-culam>>j : oculum-caniculum
i+vogal->>j : iurare, iuventutem
cl- , pl- , fl- >> ll / ch: clavem-pluviam-flammam
-mn-, -nn-, -ni-, -gn->>ñ: dominum, pannum-senior-pugnum
--------------------------------------
-p-, -t-, -c->> -b-, -d-, -g- : capram-metum-amicum
f->>h / f: farinam-fabam

5- LATINISMOS:
ipso facto
sine die
curriculum vitae
habemus papam
referendum
carpe diem
in situ
ultimatum
a.m / p.m.
in vitro
mea culpa
cum laude
grosso modo
motu propio
lapsus
deficit / superavit
vox populi
in albis
in fraganti
a priori/a posteriori


Excusatio non petita, accusatio manifesta
Verba volant, scripta manent
In dubio pro reo
Mens sana in corpore sano
Ave, Caesar, morituri te salutant

6- HELENISMOS
a(n)- (analfabeto, anónimo, ateo)
anti- (antibiótico, antipatía, antagonista)
auto- (automóvil, autógrafo, autonomía)
bio- (biólogo, anfibio, biosfera)
cardi- (cardiólogo, cardiopatía, taquicardia)
cefal(e)- (cefalea, encefalitis, encefalograma, cefalalgia)
crino- (endocrino)
derma(t)- (dermatitis, dermatólogo, epidermis)
endo- (endoscopia, endocrino, endogamia)
fil(o)- (filólogo, filósofo, pánfilo)
fob(ia)- (xenofobia, claustrofobia, agorafobia)
fono- (micrófono, megáfono, fonética, teléfono, fonógrafo)
ger (ont.)- (geriátrico, gerontocracia)
gine(c)- (gineceo, misógino, andrógino, ginecólogo)
graf- (bolígrafo, gráfico, caligrafía)
(h)ema(t)- (hematíes, hematoma, alcoholemia)
iatra- (pediatra, psiquiatra)
laring- (larinxite, otorrinolaringólogo)
log- (filólogo, cardiólogo, lóxica, logopeda)
metro (metro, termómetro, cronómetro)
micro (micrófono, microbio, microscopio)
necro (necrofilia, necrosis, necrópolis)
nefro (nefrólogo, nefropatía, nefrona)
neumo (neumonía, neumólogo, neumotórax)
neuro (neurólogo, neurona, neuralxia)
odont- (odontólogo, ortodoncia)
oftalm- (oftalmólogo)
onco (oncología)
oto (otorrinolaringólogo, otitis)
pat- (patoloxía, psicopatía, simpatía)
ped- (pediatra, pederasta, pedófilo, pedagogo)
pod- (podólogo, miríapodo, pólipo/polbo)

04/12/2013

Exame 4º (9-XII-2013)

Xeografía de Grecia: mapas de clase e aula virtual Tema 1
Xeografía de Roma: mapas de clase e AV tema 3
Historia de Grecia: fotocopias das etapas, Hª Grecia en 42 preguntas, AV tema 2
Hª Roma: fotocopia resumen, Hª de Roma en 51 preguntas, libro páx. 90-91, AV tema 4
resumen GRECIA y ROMA
69 FICHAS

20/11/2013

TEOREMA DE TALES

Aquí tedes o "Teorema de Tales" cantado.

TEXTO EN GREGO

Deletrea, pon todas as letras en maiusculas e di cómo se le a seguinte frase:

Σκιᾶς ὄναρ ἄνθρωπος  
[O home é o soño dunha sombra]   PÍNDARO

05/11/2013

1º verso d´A Ilíada

Deletrea, escribe en maiúsculas todas as letras e le a seguinte frase:

Μῆνιν ἄειδε, θεά, Πηληιάδεω Ἀχιλῆος



SOLUCIÓN:
1) Deletrea:
Mi-eta-ni-iota-ni / alfa-épsilon-iota-delta-épsilon / zeta-épsilon-alfa / pi-eta-lambda-eta-iota-alfa-delta-épsilon-omega / alfa-ji-iota-lambda-eta-ómicron-sigma
2) Escribe en maiúsculas:
ΜΗΝΙΝ ΑΕΙΔΕ, ΘΕΑ, ΠΗΛΗΙΑΔΕΩ ΑΧΙΛΗΟΣ
3) Le:
[ménin áeide, zeá, Peleiádeo Ajiléos]