28/11/2011

HISTORIA DE GRECIA EN 42 PREGUNTAS

Xa podedes contestar ata a pregunta 17 sobre a historia da Grecia antiga.
1) Nomea cronoloxicamente as etapas da historia de Grecia na Antigüidade.
2) Cantos séculos abarca a Grecia antiga ata pasar a ser unha provincia romana?
3) Época do esplendor da civilización cretense.
4) A quen debe o nome de minoica?
5) Nomea 3 características desta cultura.
6) Saberías o nome dalgunha cidade cretense?
7) Cal é o testemuño máis antigo de escritura relacionado con Creta? Descríbeo.
8) Que nome recibe a escritura cretense? Está descifrada?
9) Elixe 3 representacións artísticas desta cultura.
10) Que motivou o seu declive?

11) Época de esplendor da civilización micénica.
12) Por que se chamou “micénica”?
13) Nomea 3 características desta cultura.
14) Cal foi o acontecemento máis importante que tivo lugar nesta época?
15) Que nome recibe a escritura micénica? Está descifrada?

16) Elixe 3 representacións artísticas desta cultura.
17) Que motivou o seu declive?

18) Que nome recibe a etapa seguinte?
19) Por que se chama así?
20) Que séculos abarca?
21) Nomea algún
logro importante a finais desta etapa.
22) Que nome recibe a etapa seguinte?
23) Que séculos abarca?
24) Nomea 5 características desta etapa.
25) Quen foron: Homero
, Solón e Pisístrato? 26) Que nome recibe a etapa seguinte?
27) Que séculos abarca?
28) Que réxime político estrea Atenas?
29) Que estadista o representa?
30) Nomea as dúas Guerras que tiveron lugar nesta época e os seus contendentes.
31) Di quén venceu en cada unha delas.
32) Entre esas guerras houbo un período de paz. Cantos anos durou?
33) Que pobo xorde no horizonte grego no século IV a. C.?
34) Quen foi Filipo II?
35) Quen sucede a Filipo?
36) Como se chamaba a nai de Alexandre Magno?
37) A que idade ascende ao trono Alexandre?
38) Por onde se estencdeu o seu Imperio?
39) Onde morreu e a que idade?
40) De que morreu?
41) Que pasou á norte de Alexandre Magno?
42) Os reinos helenísticos
 

20/11/2011

MARCHANDO UNHA DE ALFABETO

Para que vexades que o alfabeto tamén pode ser divertido, mirade este enlace e xa me contaredes.


10/11/2011

DATAS DE ENTREGA DOS POWER-POINTS

A data límite de entrega dos power-points de Cultura Clásica para os alumnos de 3º e 4º de ESO será o martes 29 de novembro. Así que debedes traballar estes días porque xa non queda moito.

                                   ÁNIMO E A TRABALLAR!

25/10/2011

EROS E PSIQUE

Hoxe estivemos falando do mito de Eros e Psique seguindo a versión que Apuleyo nos da na súa obra o asno de ouro. Vimos tamén un montón de imaxes de artistas que ao longo dos séculos representaron este mito. Pois ben, atopei este post nun blog que creo pode ser do voso interese. Xa me contaredes. Mentres déixovos contemplando dúas imaxes fantásticas de EROS


Eros con peixe (1479) VERROCCHIO                                    Eros e Psique (1786) CÁNOVA  


16/10/2011

FALANDO DE DEUSES

Falando de deuses, atopei este enlace que fala das amantes de Zeus e as súas metamorfoses con certo humor. Quen ten asignado o traballo de Zeus? Pois a ese interésalle máis.

Zeus de Otricoli (Museo Pío Clementino, Vaticano)

19/09/2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Comezamos un novo curso con novas ilusións e seguros de que este ano non cometeremos os mesmos erros que o curso pasado...o que ocorre é que "o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra". Pero hai que intentalo, se non o facemos nunca o conseguiremos. Xa sabedes: QUEN QUERE, PODE.
Aqui vos deixo as normas para inscribiros na aula virtual do Instituto nas materias de Cultura Clásica ou Grego. Os alumnos de 3º e 4º de ESO só tedes que vos inscribir en Cultura Clásica (Cuca3), e os de Grego de 1º e 2º de Bacharelato en Grego 1º de bacharelato (GR1).

Como rexistrarse na AULA VIRTUAL do centro e inscribirse nos cursos:

“Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”
1. Debes acceder á páxina do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesrafaeldieste/
2. Segue o enlace da parte superior dereita que pon 'Aula virtual'
3. Na parte superior dereita pon “Ud. no está en el sistema (Entrar)”. Seguide o enlace “Entrar” ou “Acceso”. Podedes seleccionar o idioma que queirades, pero é recomendable escoller “Galego (gl)” pois con “Español – España (es_es)” aparecen moitos términos sen traducir do inglés.
4. Se xa estades inscritos, escribide na parte esquerda voso nome de usuario e contraseña e continuade no paso 9.
5. Na parte dereita, seguide o enlace 'Solicitud de alta' ou 'Nova conta'.
6. Enchede todos os campos, son todos obligatorios. Poñede especial coidado en escribir correctamente o nome de usuario e contraseña, que deberedes lembrar, vosa dirección de correo electrónico (moi importante), e voso nome e apelidos (reais, nada de nicks).
7. Ao rematar facemos clic en “Crear a miña nova conta”. Se todo foi bien, disque se vos enviará un correo electrónico, para que confirmedes vosa inscrición. Premede en “Continuar”.
8. Volveredes a estar na páxina de acceso, onde non podedes entrar porque aínda non confirmastes vosa inscrición. Abride voso correo electrónico e buscade unha mensaxe co asunto “Aula Virtual: confirmación da conta” e seguide o enlace. Isto vos levará á páxina principal do Moodle e vos dará acceso. En futuras ocasións teredes que introducir o nome de usuario e contraseña que puxestes ao crear a conta. Se non podedes, dicídemo, personalmente ou por correo electrónico: matigr@edu.xunta.es
9. Cando finalmente poidades entrar, ide ao curso “Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”, na sección “Grego”. Debedes poñer Cuca3 ou GR1 (todo xunto) en 'Clave de acceso', e premer o botón que está á dereita. Nas seguintes ocasións que entredes, non necesitaredes esta clave, senón tan só voso nome de usuario e contraseña, para acceder a calquer curso no que estedes inscritos.
Neste curso Moodle iréi colocando diverso material de interese para a materia, e actividades que podedes realizar e enviarme por medio desta plataforma, onde tamén poderedes ver posteriormente a calificación e comentarios pertinentes. Estas actividades contarán na calificación da materia. En cada tema haberá un foro de dúbidas no que podedes participar preguntando as que vos xordan ou resolvendo as de outros.

Fdo: Matilde De Cal Cortina