27/01/2011

XOGO D´A ODISEA

Ulises, A. CARPO
Se queredes repasar a viaxe de Odiseo, podédelo facer xogando AQUI . Supoño que a estas alturas xa seredes verdadeiros expertos nesta obra de Homero.
Que tal vai a lectura dos textos que vos mandei? Lembrade que para que as cousas saian ben hai que esforzarse e traballar. Así que ¡ánimo e a practicar!

A HISTORIA DE GRECIA EN 42 PREGUNTAS

1) Nomea cronoloxicamente as etapas da historia de Grecia na Antigüidade.
2) Cantos séculos abarca a Grecia antiga ata pasar a ser unha provincia romana?
3) Época do esplendor da civilización cretense.
4) A quen debe o nome de minoica?
5) Nomea 3 características desta cultura.
6) Saberías o nome dalgunha cidade cretense?
7) Cal é o testemuño máis antigo de escritura relacionado con Creta? Descríbeo.
8) Que nome recibe a escritura cretense? Está descifrada?
9) Elixe 3 representacións artísticas desta cultura.
10) Que motivou o seu declive?
11) Época de esplendor da civilización micénica.
12) Por que se chamou “micénica”?
13) Nomea 3 características desta cultura.
14) Cal foi o acontecemento máis importante que tivo lugar nesta época?
15) Que nome recibe a escritura micénica? Está descifrada?
16) Elixe 3 representacións artísticas desta cultura.
17) Que motivou o seu declive?
18) Que nome recibe a etapa seguinte?
19) Por que se chama así?
20) Que séculos abarca?
21) Nomea algún logro importante a finais desta etapa.
22) Que nome recibe a etapa seguinte?
23) Que séculos abarca?
24) Nomea 5 características desta etapa.
25) Quen foron: Homero, Solón e Pisístrato?
26) Que nome recibe a etapa seguinte?
27) Que séculos abarca?
28) Que réxime político estrea Atenas?
29) Que estadista o representa?
30) Nomea as dúas Guerras que tiveron lugar nesta época e os seus contendentes.
31) Di quén venceu en cada unha delas.
32) Entre esas guerras houbo un período de paz. Cantos anos durou?
33) Que pobo xorde no horizonte grego no século IV a. C.?
34) Quen foi Filipo II?
35) Quen sucede a Filipo?
36) Como se chamaba a nai de Alexandre Magno?
37) A que idade ascende ao trono Alexandre?
38) Por onde se estencdeu o seu Imperio?
39) Onde morreu e a que idade?
40) De que morreu?
41) Que pasou á norte de Alexandre Magno?
42) Os reinos helenísticos

CANTO XII

Odiseo e as sereas. Detalle dunha vasilla. Museo Británico
Odiseo regresa a Eea e queima o cadáver de Elpénor. Circe explícalle entón os perigos que deberá enfrontar no que resta de viaxe:
  1. Primeiro pasarán xunto ás sereas, mulleres con corpo de paxaro que posúen un canto irresistible ao que ningún home pode escapar. Pero este canto arrastra as embarcacións á costa e escáchaas. Para evitar as sereas, Circe aconsella que tape as orellas dos seus compañeiros con cera, e el se faga amarrar ao mastro para poder escoitalas sen ser arrastrado. Seguindo estes consellos, saen ilesos.
  2. A continuación chegarán a un estreito que ten un monstro a cada lado. Odiseo deberá elixir entre Escila que posúe seis cabezas de can, e Caribdis que é un remuíño que traga todo o que se pon o seu alcance. O heroe decide pasar preto de Escila, que devora a seis dos seus homes.
  3. O seguinte lugar será a illa Trinacia, onde están as vacas de Helios, que non deben tocar baixo ningún concepto. Pero os alimentos escasean e os homes de Odiseo deciden sacrificar as vacas para non morrer de fame. Helios pide vinganza aos deuses e por iso, cando de novo parten, unha tormenta achega a nave a Caribdis que absorbe o barco. Tan só se salva Odiseo quen, agarrado a un madeiro, chega á illa Ogigia, onde habita a ninfa Calipso.

Ata aqui o resumo dos cantos que hai que ler para o exame. SERÍA MOI POSITIVO QUE LÉRADES O RESTO DA OBRA.

FRASES SOBRE A PAZ

Como esta semana estamos a celebrar no centro A SEMANA DA PAZ, pensei que a mellor forma de facelo era traducindo unhas frases, coas cuestións vistas nas últimas clases, e a palabra PAZ. Aí van, espero que vos gusten.
1) Τὴν εἰρήνην τοὺς Λακεδαιμονίους αἰτοῦσιν οἱ ᾿Αθηναῖοι.
2) Ἡ εἰρήνη ποιήσει ἡμᾶς ἀρίστους.
3) Οὗτος ὁ ἄνθρωπος τὴν εἰρήνην θησαυρόν ἐνόμιζεν.
4) Ὁ μὲν πόλεμος κακός, ἡ δ᾿ εἰρήνη καλή.
5) Ἐν τοῖς λόγοις τούτων τῶν ἀνθρώπων ἦν εἰρήνη.
6) ῾Ο πόλεμος αὐτοὺς πονηροὺς πεποίηκε.
7) Ἐν τῇ εἰρήνῃ οἱ ποιηταὶ τοὺς ἀνθρώπους τὴν ἀρητὴν ἐδίδασκον.
8) Οἱ μὲν τὴν εἰρήνην θέλουσιν, οἱ δὲ τὸν πόλεμον.

Tamén estas de tradución inversa:

A guerra fai mala a vida dos cidadáns.
Vós non queredes a guerra, senón a paz.

26/01/2011

CANTO XI

MIGUEL ANXO, Caronte. Capela Sixtina

Xa no Hades, Odiseo invoca os espíritos dos ......... O primeiro en aparecer é Elpenor, que pide a Odiseo que regrese a Eea para ................ O adiviño Tiresias predícelle a continuación o seu futuro. Tamén fala coa súa nai, Anticlea, quen morrera esperando o regreso ......... Aparecen logo, enviadas por Perséfone algunhas mulleres e fillas de heroes, que lle contan quen son. Así, por exemplo, Alcmena, a nai de Heracles, Leda, a muller que Zeus amou en forma de cisne, Ariadna, a filla de Teseo, e moitas outras. Neste punto interrúmpese o relato, e a raíña Arete pide que lle dean ao hóspede ....... Sigue a narración das conversas cos mortos, en concreto a que mantén con Agamenón, que lle da consellos para evitar ............ como a súa. Logo encontra a ........., que pregunta polo seu fillo, Neoptólemo, e polo seu pai, Peleo.
Para terminar di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
  • Os mortos recoñecen a Odiseo en canto o ven
  • O primeiro morto co que fala é o adiviño Tiresias
  • Tiresias dille a Odiseo que morrerá sendo novo e loitando
  • Aquiles dille que prefire ser o máis pobre dos vivos que o rei dos mortos

Finalmente, e para que non vos peleedes polos exemplares da biblioteca, aqui vos deixo o enlace á paxina na que podedes ler a tradución d´A Odisea directamente.
http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/OtrosAutoresdelaLiteraturaUniversal/Homero/Odisea/index.asp

25/01/2011

ODISEA CANTO X

Giovanni Luteri Dosso, Circe, Galería Borghese (Roma)
Invitados na illa de ...... polo rei dos ventos,.............., este regálalle a Odiseo todos os .......... metidos nunha bolsa ben atada por un fío de prata para que non escapase ningún, e envíalle o Céfiro para que soplando os conduza a ............... Pero os homes de Odiseo, crendo que dentro había un............, esperan a que Odiseo durma e abren a bolsa, liberando desta maneira todos os ...... xusto cando xa divisan Ítaca.
Despois chegan á illa dos..............., xigantes antropófagos que matan e comen a varios dos seus homes.
A seguinte aventura ten lugar na illa ............, onde algúns deles sufrirán o feitizo da maga............, filla de............., quen os convirte en.............Axudado por .........................................,
Odiseo logra evitar os feitizos da maga e liberar aos compañeiros, permanecendo na illa durante ...........................
Transcurrido ese tempo, Odiseo pídelle que o deixe marchar e lle conceda a axuda necesaria para chegar a...............Circe accede pero advírtelle que primeiro han de baixar ao ................a consultar a alma de................., adiviño cego, quen lle dirá cómo regresar á súa patria, e instrúeo para que poida chegar sen problemas. Cando se dispoñen a emprender a viaxe, ..............., o máis novo dos compañeiros de Odiseo, ..........................e morre.
Para terminar, di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:
  • Regresan á illa Eolia a pedir axuda de novo.
  • Eolo quéreos axudar pero Poseidón non llo permite.
  • Céfiro, o vento do oeste, é o máis violento de todos.
  • Circe é tía da maga Medea.
  • Hermes entrégalle unha túnica máxica para evitar os feitizos de Circe.

SUSTANTIVOS E VERBOS (2º)

Analiza:
πορεῦσαι
ἐπιβουλεύοι
ὑπῆρχε
ἐγένετο
τιμωρήσασθαι
βοηθήσαιεν
ἐπικείσοιντο
λαβών
ὄντων
βοηθεῖν

τὰ τείχη
τῇ πόλει
τῆς νυκτός
τοῦ βασιλέως
τοὺς ἱππέας
τὰς ναῦς
τοῦ ἄστεως
τὴν δύναμιν

τῇ ναύτῃ
μίαν τριήρη