Como o próximo luns 14 de decembro temos o exame da 1ª avaliación, aqui vos deixo este interesante enlace que vos vai permitir repasar e comprobar coñecementos sobre o último tema visto en clase, CRETA e a CIVILIZACIÓN CRETENSE. 12/12/2009
A CIVILIZACIÓN MINOICA O CRETENSE
Como o próximo luns 14 de decembro temos o exame da 1ª avaliación, aqui vos deixo este interesante enlace que vos vai permitir repasar e comprobar coñecementos sobre o último tema visto en clase, CRETA e a CIVILIZACIÓN CRETENSE. 19/11/2009
O Partenón no Museo Británico
Puiden ver e gravar este vídeo a primeira vez que visitei o Museo Británico nunha viaxe con alumnos de Bacharelato no ano 2004. Desde entón vémolo en clase de Grego, malia a súa baixa calidade xa que foi gravado pola miña cámara. Sempre pensei que era unha lástima que non o puidesen ver todos os alumnos de Bacharelato, tanto os de letras como os de ciencias, porque creo que é moi interesante. Hoxe atopeino nunha páxina e comprobo que ten mellor calidade que o meu, así que aquí o tedes. ESPERO QUE VOS GUSTE.
UN XOGO DIDÁCTICO DE ARTE
04/11/2009
RODIN E A MITOLOXÍA SIMBOLISTA
O pensador, Auguste Rodin, Museo Rodin (Paris)Onte, 3 de novembro, os alumnos de Cultura Clásica de 3º de ESO e os da materia de Grego de Bacharelato asistimos no Kiosco Alfonso a unha visita guiada da exposición Rodin e a mitoloxía simbolista. A experiencia resultou fructífera e disfrutamos das súas obras máis famosas: o pensador, o beso, os burgueses de Calais, as portas do Inferno, o home co naris roto, etc. Pero aprendimos tamén que Rodin é outro de tantos autores a través dos que podemos aprezar as pegadas da cultura clásica. Son moitas as esculturas da exposición que tratan o tema mitolóxico. Lembramos, por exemplo, a Orfeo suplicando aos deuses a volta de Eurídice; unha Danaide que retorce o seu corpo sobre un bidón, alusión ao castigo eterno; a Cariátide portando unha pedra; Cupido e Psique; Iris, a mensaxeira dos deuses; Ícaro cunhas ás que recordan a súa caída; sátiros, as tres faunas, sereas, centauros, musas, esfinxes; e, por suposto, os deuses: Dioniso, Afrodita, Apolo.... Para que poidades satisfacer a vosa curiosidade sobre este autor e as súas obras, aqui tedes varios enlaces interesantes:
http://es.wikipedia.org/wiki/Auguste_Rodin
http://www.epdlp.com/pintor.php?id=356
http://www.musee-rodin.fr/welcome.htm
E agora, á espera dos vosos comentarios, déixovos con dous vídeos que, tras a visita de onte, creo que todos poderemos disfrutar máis.
08/10/2009
HIPATIA DE ALEXANDRÍA (2)
Óleo de Charles William Mitchell (1885)
Xa hai vinte días que se estreou Ágora, e a estas alturas seguro que algúns de vós xa fostes a vela. Á espera dos vosos comentarios, sigamos aprendendo cousas da época na que se sitúa a acción desta película.
ALEXANDRÍA NO SÉCULO IV-V
A finais do século IV da nosa era en Exipto, que pertencía ao Imperio Romano de Oriente, a Igrexa cristiá defendía a súa independencia respecto ao poder imperial. Mentres foi bispo de Alexandría Teófilo (385-412), a colaboración entre as autoridades civis e as eclesiásticas foi harmoniosa. Mais as inxerencias en cuestións puramente civis do seu sucesor, o bispo Cirilo, provocaron o desencontro co prefecto da cidade, Orestes, alumno de Hipatia. Comezaron entón os rumores de que ela era a causa do enfrontamento entre o bispo e o prefecto, e da súa relación con supostas cerimonias máxicas.
Lembrade que podedes enviar os vosos comentarios ao correo bibliodieste@hotmail.com. Aparecerán publicados neste blogue.
01/10/2009
HIPATIA DE ALEXANDRÍA (1)

Retrato idealizado de Hipatia. Gasparo’s. 1908
O día 9 de outubro estréase a película de Amenábar, Ágora, que trata sobre a vida de Hipatia de Alexandría -tedes un comentario e o tráiler da película na sección carteleira-. Nestas páxinas vouvos contar quen foi esta muller da que tanto se está falando estes días. Pero vouno facer por entregas. Velaquí a primeira sobre os seus comezos:
HIPATIA ( ῾Υπατία ) naceu en Exipto, na cidade de Alexandría, na segunda metade do século IV da nosa era (ca.355/370). O seu pai foi Teón de Alexandría, que seguramente traballaba e daba clases na Biblioteca do Serapeo, sucesora da lendaria Gran Biblioteca que desapareceu no incendio do ano 48 a.C. O feito de que seu pai fose un famoso matemático e astrónomo propiciou que desde nena se educase nun ambiente culto, dominado pola escola neoplatónica alexandrina; a súa casa foi un verdadeiro fervedoiro intelectual a onde acudían estudantes de todas partes do mundo coñecido. Tamén propiciou a súa paixón pola búsqueda do descoñecido; viaxou a Atenas e a Roma sempre co mesmo afán de aprender e de ensinar. Respectada como unha profesora eminente e carismática, ensinou matemáticas, xeometría e astronomía no Museo de Alexandría; educou a aristócratas que chegaron a ocupar altos cargos, como Sinesio de Cirene, bispo de Ptolomaida (Fenicia), e Orestes, prefecto romano. Sabemos que inventou aparatos para medir a densidade dos líquidos, destilar a auga e medir o seu nivel.
Se vos interesa saber máis sobre este tema, podedes acudir ao seguinte enlace:
http://terraeantiqvae.blogia.com/2007/113001-hipatia-de-alejandria-la-primera-mujer-cientifica-de-la-historia.php
29/09/2009
MI VIDA EN RUÍNAS
Case sempre nos primeiros días de curso preguntades o mesmo: imos a Grecia este ano? E eu non sempre podo dicir que si, simplemente porque non podo ir todos os anos (quen me dera!). Mais a vosa pregunta fixo que estes días lembrase á miña amiga Nina, a guía grega das nosas viaxes, unha muller agarimosa con todos, á que tras sete días de convivencia comprendes que lle importas (non concibo unha viaxe a Grecia sen Nina). Por iso téñoa moi presente á hora de vos recomendar esta película, Mi vida en ruínas, que trata precisamente das peripecias dunha guía turística grega e un grupo de turistas. É divertida e con ela pasaredes un bo rato. Déixovos co tráiler e espero que vos guste.
Assinar:
Postagens (Atom)

