08/10/2012

Civilización minoica ou cretense


CIVILIZACIÓN CRETENSE O MINOICA

Cronoloxía: auxe do 2000 ao 1600 a.C.

Características:

-pobo de mercaderes, industriais, agricultores e mariñeiros. Destacan no traballo de metais preciosos e exportan xoias e armas.

-monarquía burocrática e centralista.

-edificaron cidades sen amurallar  con palacios con patios interiores, cunha distribución laberíntica. Destacan  CNOSO e FESTO.

-arte: 

      .sobresae a columna de madeira pintada con fuste máis estreito na base e cun capitel que será o precursor do estilo dórico.

      .os frescos dos palacios mostran  temas de inspiración naturalista e escenas da vida cotiá.

      .cerámica elegante no perfil e na decoración, primeiro xeométrica e logo de temática naturalista.

      .algunhas esculturas que representan a deusas (deusa das serpes)

-relixión: divindades femininas obxecto dun culto doméstico.

-escritura:

      .escritura silábica, LINEAL  A, aínda sen descifrar, en taboíñas de arxila.

      .disco de Festo: disco de terracota impreso por ambos lados, cunha serie de selos de pedra que forman unha espiral con 45 símbolos. É a mostra máis antiga de texto escrito e está sen descifrar.

Fin: a destrución de Cnoso e a caída da civilización minoica coincidiron co comenzo do período máis próspero da civilización micénica, o que suxire que en parte foron os micénicos os causantes do seu declive. Só en parte porque na illa de Thera (a 110 km)  tivo lugar unha das maiores erupcións volcánicas da prehistoria recente, cara ao ano 1627 a.C., causando un xigantesco maremoto. Outra teoría sostén que a erupción de Thera podería ser a inspiración principal da lenda da Atlántida

Fontes:

a)    Arqueoloxía:

.Arthur Evans: a principios do s.XX desenterrou o palacio de Cnoso

                .unhas 3000 taboíñas de arxila

b)      Mitoloxía: lenda do Minotaurο

25/09/2012


Lacónico:
 
"Breve, conciso, sucinto (adj.). 2-Que habla o escribe de esta manera"

[buscado no dicionario por Esther]

20/09/2012

OS DEUSES OLÍMPICOS

Relación dos 13 deuses olímpicos para que vaiades elixindo o que máis vos guste. Figura primeiro o nome grego e a continuación o latino.

ZEUS - XÚPITER  (José)
HERA - XUNO  (Alba)
POSEIDÓN - NEPTUNO
HADES - PLUTÓN  (Francisco)
ATENEA - MINERVA  (Lucía)
APOLO - APOLO
ÁRTEMIS - DIANA  (Cassandra)
AFRODITA - VENUS
HEFESTO - VULCANO
ARES - MARTE  (Daniel)
HERMES - MERCURIO
DIONISO - BACO
DEMÉTER - CERES  (Sara)

BENVIDOS A UN NOVO CURSO

Comezamos un novo curso con novas ilusións e seguros de que este ano non cometeremos os mesmos erros que o curso pasado...o que ocorre é que "o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra". Pero hai que intentalo, se non o facemos nunca o conseguiremos. Xa sabedes: QUEN QUERE, PODE.
Aqui vos deixo as normas para inscribiros na aula virtual do Instituto nas materias de Cultura Clásica ou Grego.

Como rexistrarse na AULA VIRTUAL do centro e inscribirse nos cursos:
 
“Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”
1. Debes acceder á páxina do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesrafaeldieste/
2. Segue o enlace da parte superior dereita que pon 'Aula virtual'
3. Na parte superior dereita pon “Ud. no está en el sistema (Entrar)”. Seguide o enlace “Entrar” ou “Acceso”. Podedes seleccionar o idioma que queirades, pero é recomendable escoller “Galego (gl)” pois con “Español – España (es_es)” aparecen moitos términos sen traducir do inglés.
4. Se xa estades inscritos, escribide na parte esquerda voso nome de usuario e contraseña e continuade no paso 9.
5. Na parte dereita, seguide o enlace 'Solicitud de alta' ou 'Nova conta'.
6. Enchede todos os campos, son todos obligatorios. Poñede especial coidado en escribir correctamente o nome de usuario e contraseña, que deberedes lembrar, vosa dirección de correo electrónico (moi importante), e voso nome e apelidos (reais, nada de nicks).
7. Ao rematar facemos clic en “Crear a miña nova conta”. Se todo foi bien, disque se vos enviará un correo electrónico, para que confirmedes vosa inscrición. Premede en “Continuar”.
8. Volveredes a estar na páxina de acceso, onde non podedes entrar porque aínda non confirmastes vosa inscrición. Abride voso correo electrónico e buscade unha mensaxe co asunto “Aula Virtual: confirmación da conta” e seguide o enlace. Isto vos levará á páxina principal do Moodle e vos dará acceso. En futuras ocasións teredes que introducir o nome de usuario e contraseña que puxestes ao crear a conta. Se non podedes, dicídemo, personalmente ou por correo electrónico: matigr@edu.xunta.es
9. Cando finalmente poidades entrar, ide ao curso “Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”, na sección “Grego”. Debedes poñer Cuca3 ou GR1 (todo xunto) en 'Clave de acceso', e premer o botón que está á dereita. Nas seguintes ocasións que entredes, non necesitaredes esta clave, senón tan só voso nome de usuario e contraseña, para acceder a calquer curso no que estedes inscritos.
Neste curso Moodle iréi colocando diverso material de interese para a materia, e actividades que podedes realizar e enviarme por medio desta plataforma, onde tamén poderedes ver posteriormente a calificación e comentarios pertinentes. Estas actividades contarán na calificación da materia. En cada tema haberá un foro de dúbidas no que podedes participar preguntando as que vos xordan ou resolvendo as de outros.

Fdo: Matilde De Cal Cortina

12/06/2012

Árbore xenealóxica dos deuses



Esta é a primeira pregunta obrigatoria do exame de mitoloxía. Como vedes, cumplo.

29/05/2012

CONCURSO CUCA

3º ESO
-Andrea ................18 / 18
-Lucía....................16
-Isaque...................15
-Mónica.................13
-Adriana................12
-Christian..............12
-Julián...................12
-Daniel...................9

4º ESO
-Daniela.................19 / 9 / 8
-Sara......................19 / 8
-Marta....................18
-Noemí..................18
-Bianca..................17
-Carla....................15
-Melissa................14
-Miguel.................10

28/05/2012

fichas mitoloxía (continuación)



Urano (Ceo) e Xea (Tellus)
Xea+Tártaro= Tifón
Rea (Cibeles)
Zeus encerra aos Titáns no Tártaro

Os cíclopes regalan a Zeus o lóstrego
Hebe, filla de Zeus e Hera servía néctar aos deuses

Zeus e Dánae= Perseo
Chuvia de ouro
Zeus+Alcmena= Heracles -Hércules
Zeus (Xúpiter)+Deméter (Ceres)=Perséfone (Proserpina)
Hades(Plutón) rapta a Perséfone (Proserpina)