24/01/2011

CANTO IX

Odiseo na cova de Polifemo, J. JORDAENS (s. XVII)


Como o prometido hai que cumprilo, aqui tedes a actividade do canto IX para que vaiades practicando e comprobando a comprensión do texto lido. Xa sabedes, tedes que encher os ocos.
Tras revelar a súa identidade, .............comeza a contar as súas aventuras desde a caída de Troia ata que chegou á illa de ...............Navegando desde Troia chegou a Ismaro, onde saquearon a cidade dos....................Despois chegaron ao país dos.....................e algúns homes caeron na tentación e comeron................., tendo que ser obrigados a regresar aos barcos. De aí foron ata a illa dos.......................Odiseo foi xunto con .................dos seus homes a ver se lles ofrecían hospitalidade. Pero se encontraron con.............................., cíclope dun so ollo, fillo de...................., quen os encerrou nunha cova e comeu a varios dos compañeiros. Finalmente, e grazas á astucia de Odiseo, que se presentou baixo o nome de.................., cegaron ao cíclope e escaparon da cova atados por debaixo ás..................Polifemo pediu vinganza a seu pai.
Despois, se queredes pasar un bo rato, premede neste enlace
http://aliso.pntic.mec.es/agalle17/odisea/odisea.html

22/01/2011

CANTO VIII

Imos constatar qué tal vai esa lectura de A Odisea.
Comecemos polo canto VIII. Despois de lelo, teredes que ser capaces de encher estes ocos no seguinte resumo:

Ao día seguinte, Alcínoo celebra unha festa e uns xogos na honra de---------------

Laodamante provoca a Odiseo, e cando este se anoxa gánalles no------------------

No banquete o aedo.....................canta os amores de......................e......................., esposa de........................


Os............................danlle moitos regalos a Odiseo, e ...........................rógalle que nunca se esqueza que foi ela quen o salvou.

No festín, Odiseo solicíta a..................................que cante sobre...............................

Cando Alcínoo ve que Odiseo está..............................pide que o aedo deixe de cantar e invita a Odiseo a que lles conte ..................................................................

QUE TAL? LOGO COMPROBAREMOS O CANTO IX

20/01/2011

Vídeo de Roma

Este vídeo pode servir para repasar o visto sobre Roma en Cultura Clásica.

19/01/2011

VÍDEO D´A ODISEA

Para saber máis sobre a Odisea, premede neste link, escoitaredes un vídeo interesante e poderedes ir seguindo a viaxe do heroe a través dun mapa.

ESPERO QUE VOS GUSTE.

Ah! pero que ninguén crea que estes links van sustituir a lectura da inmortal obra de Homero, pois as preguntas serán incisivas para comprobar que se leu.

18/01/2011

Verbos (1º)

Análise morfolóxica dos seguintes verbos:
τυγχάνει
ἀκούσουσιν
ἐλάμβανον
ἔχρισα
ἔξεστι
λέγουσι
ἐδουλεύσατε
ἦν

Verbos (2º)

Práctica para o control do día 31-1-2011
μαίνοιο
ἔδεισα
ποιῆσαι
κατέλαβε
ἔφη
οὖσα
βούλοιτο
ὁμιλεῖν
τύχωσιν
ἀκούσας

A Odisea

Como estes días tedes que ler A Odisea de Homero, áconséllovos que entredes neste link e poderedes empezar a ler sobre este poema épico que narra as aventuras de Odiseo ou Ulises no regreso a súa patria, Ítaca, despois de dez anos de guerra en Troia. Alí espéralle a súa muller Penélope e o seu fillo Telémaco. Mais este retorno durará outros dez anos por mor da vinganza de Poseidón, e estará cheo de aventuras tan marabillosas que acabarám por converter este poema épico nun dos mellores relatos de aventuras de todos os tempos, así como á palabra odisea en sinónimo de aventura e ao seu protagonista Ulises nun símbolo universal.
Se queredes saber máis sobre a historia mítica de Odiseo podedes ler "Mitoloxía Clásica en Galiza. Os heroes" da editorial Baía (páxinas 34 a 58) que temos na biblioteca do Instituto.