18/10/2012

CIVILIZACIÓN MICÉNICA


Cronoloxía: ca. 1.600 - 1.200 a.C.

Características:
-pobo belicoso que gusta da caza e da pirataría. Usan armas de bronce e o carro tirado por cabalos.
-crean acrópoles fortificadas en lugares escarpados, coroadas polo palacio real, lugar tamén de culto, con numerosas vivendas e almacéns. Fóra están os cemiterios e os barrios de extramuros. Destacan MICENAS, TIRINTO, ARGOS, CORINTO...
-sociedade moi xerarquizada:
    .wanax: recibía a meirande parte do botín, tomaba as decisións militares tras escoitar á asemblea, papel preponderante no culto pois tiña ascendencia divina.
    .basileis: reis autónomos sometidos ao poder do wanax.
    .aristoi: os destacados no combate coa obriga de acompañar ao rei nas campañas militares.
    .campesiños
    .clase artesá: xorde nesta época e terá bastante peso nas futuras cidades-estado.
-arte: asimilou as características da civilización cretense. Por primeira vez utilízase a pintura brilante en cor negra, marrón e laranxa sobre unha superficie amarelada.
-escritura: escribían nun silabario chamado LINEAL B e descifrado por M. Ventris no s. XX, derivado do Lineal A cretense. Esta escritura apareceu nunhas taboíñas de barro cocidas nos incendios, son simples borradores.
-relixión: aparecen xa mencionados case todos os deuses olímpicos e unha divindade feminina.

Fin:
Tres son as posibles causas do seu declive:
   .a invasión dos dorios a comezos do s. XI a.C.
   .conflitos internos
   .causas naturais.

Fontes:
a) arqueolóxicas (Schliemann):
   .palacios ciclópeos (mégaron)
   .círculo de tumbas e tesouros
   .taboíñas en Lineal B
   .máscaras funerarias de ouro
   .moitos outros obxectos de ouro
HOMERO CHAMA A MICENAS "A RICA EN OURO"

b)literarias:
-Homero, sobre todo "A Ilíada", que narra a cólera de Aquiles durante o último ano da Guerra de Troia, causada polo seu enfrontamento con Agamenón, rei de Micenas (wanax). A Guerra de Troia sitúase históricamente na etapa micénica.
-Traxedia, especialmente o "Agamenón" de Esquilo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário