14/10/2010

MUSEO DE PÉRGAMO I

Hai días visitei o Museo de Pérgamo en Berlín e quero compartir con vós o que vin ali dentro. Na sala central pódese ver a reconstrución do lado occidental do Altar de Pérgamo, magnífico monumento da arte helenística, erixido por Eumenes II no século II a.C. en lembranza das súas vitorias sobre os gálatas. Este altar é quizá o máis importante dos altares monumentais gregos. Aínda que sería mellor poder admiralo no seu emprazamento orixinal, na cidade de Pérgamo (actual Bergama, en Asia Menor), podemos disfrutar tamén admirándoo no museo berlinés xa que dispón de toda unha sala cunha panorámica impresionante.
Se queredes saber máis sobre este altar, premede AQUI e AQUI.
Aqui vos deixo unha selección de imaxes de historiaclasica.com




















Nenhum comentário:

Postar um comentário