A Odisea consta de 24 cantos que podemos agrupar en 3 partes:
- A Telemaquia (cantos I a IV) onde se narra o regreso dos aqueos da guerra de Troia, a tardanza de Odiseo, a difícil situación creada en Ítaca e as viaxes de Telémaco en busca de noticias do seu pai.
- Os relatos na corte de Alcínoo (cantos V a XIII) por parte de Odiseo das súas aventuras desde a caída de Troia: cíclopes, sereas, baixada ao Hades, Escila e Caribdis, os lotófagos, os lestrigóns, as vacas do Sol, Circe... Os deuses deciden acabar coas súas penalidades e permitirlle regresar a Ítaca.
- A matanza dos pretendentes (cantos XIII a XXIV). Odiseo regresa a Ítaca disfrazado de mendigo, e tamén volve Telémaco. É recoñecido polos amigos leais, mentres os pretendentes se amosan insolentes. Finalmente Odiseo, como mendigo aínda, vence na proba do arco e mata a todos os pretendentes e criados desleais. Despois é recoñecido por Penélope. No último canto descríbese a chegada dos pretendentes ao Hades, a visita de Odiseo a seu pai, Laertes, e a pacificación da illa con Ulises de novo ao mando.
Nenhum comentário:
Postar um comentário