Con esta entrada pretendo aportar o meu gran de area á reclamación que o goberno grego leva facendo nos últimos tempos a favor da devolución dos "Mármores de Elgin". Entendo que é de xustiza que Grecia recupere todas esas esculturas que lle foron sustraídas nunha coiuntura histórica pouco favorable, da que se aproveitou Lord Elgin.
O luns comeza xa A SEMANA CULTURAL, dedicada este curso a GRECIA. Como componentes do Departamento de Grego debemos contaxiar aos demais o noso entusiasmo, e aportar todo o esforzo do que sexamos capaces. ¡Ánimo que seguro que todo sae estupendamente e ademais disfrutaremos co traballo realizado! Aqui tedes estes vídeos para ir facendo boca.
Se queredes repasar a viaxe de Odiseo, podédelo facer xogando AQUI. Supoño que a estas alturas xa seredes verdadeiros expertos nesta obra de Homero. Que tal vai a lectura dos textos que vos mandei? Lembrade que para que as cousas saian ben hai que esforzarse e traballar. Así que ¡ánimo e a practicar!