19/09/2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Comezamos un novo curso con novas ilusións e seguros de que este ano non cometeremos os mesmos erros que o curso pasado...o que ocorre é que "o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra". Pero hai que intentalo, se non o facemos nunca o conseguiremos. Xa sabedes: QUEN QUERE, PODE.
Aqui vos deixo as normas para inscribiros na aula virtual do Instituto nas materias de Cultura Clásica ou Grego. Os alumnos de 3º e 4º de ESO só tedes que vos inscribir en Cultura Clásica (Cuca3), e os de Grego de 1º e 2º de Bacharelato en Grego 1º de bacharelato (GR1).

Como rexistrarse na AULA VIRTUAL do centro e inscribirse nos cursos:

“Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”
1. Debes acceder á páxina do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesrafaeldieste/
2. Segue o enlace da parte superior dereita que pon 'Aula virtual'
3. Na parte superior dereita pon “Ud. no está en el sistema (Entrar)”. Seguide o enlace “Entrar” ou “Acceso”. Podedes seleccionar o idioma que queirades, pero é recomendable escoller “Galego (gl)” pois con “Español – España (es_es)” aparecen moitos términos sen traducir do inglés.
4. Se xa estades inscritos, escribide na parte esquerda voso nome de usuario e contraseña e continuade no paso 9.
5. Na parte dereita, seguide o enlace 'Solicitud de alta' ou 'Nova conta'.
6. Enchede todos os campos, son todos obligatorios. Poñede especial coidado en escribir correctamente o nome de usuario e contraseña, que deberedes lembrar, vosa dirección de correo electrónico (moi importante), e voso nome e apelidos (reais, nada de nicks).
7. Ao rematar facemos clic en “Crear a miña nova conta”. Se todo foi bien, disque se vos enviará un correo electrónico, para que confirmedes vosa inscrición. Premede en “Continuar”.
8. Volveredes a estar na páxina de acceso, onde non podedes entrar porque aínda non confirmastes vosa inscrición. Abride voso correo electrónico e buscade unha mensaxe co asunto “Aula Virtual: confirmación da conta” e seguide o enlace. Isto vos levará á páxina principal do Moodle e vos dará acceso. En futuras ocasións teredes que introducir o nome de usuario e contraseña que puxestes ao crear a conta. Se non podedes, dicídemo, personalmente ou por correo electrónico: matigr@edu.xunta.es
9. Cando finalmente poidades entrar, ide ao curso “Cultura Clásica” ou “Grego 1º Bacharelato”, na sección “Grego”. Debedes poñer Cuca3 ou GR1 (todo xunto) en 'Clave de acceso', e premer o botón que está á dereita. Nas seguintes ocasións que entredes, non necesitaredes esta clave, senón tan só voso nome de usuario e contraseña, para acceder a calquer curso no que estedes inscritos.
Neste curso Moodle iréi colocando diverso material de interese para a materia, e actividades que podedes realizar e enviarme por medio desta plataforma, onde tamén poderedes ver posteriormente a calificación e comentarios pertinentes. Estas actividades contarán na calificación da materia. En cada tema haberá un foro de dúbidas no que podedes participar preguntando as que vos xordan ou resolvendo as de outros.

Fdo: Matilde De Cal Cortina