22/03/2011

Verdadeiro ou falso?

Di se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:

1- Os gladiadores eran escravos que debían recibir unha instrución especial para competir.
2-O teatro naceu en Grecia con carácter relixioso.
3-O circo tiña forma circular.
4- A parte máis alta do teatro en Roma recibía o nome de "galiñeiro" (pullarium).
5- Os Xogos Olímpicos na Grecia antiga duraban 6 días.
6- Nos teatros gregos interpretábanse traxedias, comedias e dramas satíricos.
7-O espectáculo favorito dos romanos eran as loitas de gladiadores.
8- O empresario dunha escola de gladiadores chamábase lanista.
9- Para participar nos Xogos Olímpicos había que ser espartano, libre e varón.
10- Os deportes olímpicos eran: loita, disco, puxilato, pancracio, xavelina, salto e carreira de maratón.

04/03/2011

HISTORIA DO TEATRO

Aqui tedes a historia do teatro que vimos onte en clase. Sería bo que a escoitarades de novo xa que a acústica do vídeo na clase era bastante defectuosa.
DISFRUTADE E FELIZ ENTROIDO!