27/10/2010

Análise morfolóxica para 2º BAC

τοῖς ἔπεσι
τοῖς γεροῦσι
τὰ ὄρη
τὸν ποιμένα
τῷ Διί

τὸν λέγοντα
ἐγίγνοντο
βούλεσθαι
παρεῖναι
παραινεῖν

22/10/2010

Palabras para analizar

Como quedamos hoxe en clase, aí van 3 nomes e 3 verbos para que practiquedes a análise morfolóxica:
τῇ χελιδόνι
τὰ ἔτη
τοῖς ἄρχουσιν

ὄντα
ἐθύετο
πρωτεύεσθαι
E esta de regalo
εἴδομεν

Ánimo, que non son tan difíciles.

20/10/2010

Audiolectura de A Ilíada

Na páxina central do blogue da biblioteca tedes unha entrada moi interesante sobre os libros dixitais. En concreto, é de especial interese para nós a audiolectura d´A Ilíada, da tradución de Segalá que estamos a ler os xoves na clase. Déixovos este enlace para que non haxa disculpas e a visitedes. Merece a pena, de verdade!

14/10/2010

MUSEO DE PÉRGAMO II

Outro dos tesouros expostos neste museo é A Porta do Mercado de Mileto, un dos exemplos máis coñecidos de fachadas arquitectónicas romanas, construída cara ao ano 120 da nosa era. Integrada na muralla da cidade por Justiniano no século VI, foi destruída antes do ano 1100 por un terremoto. A principios do século XX as escavacións dos alemáns Wiegand e Knackfuss sacaron á luz partes esenciais da porta, que foi reconstruída máis tarde no Museo de Pérgamo en dimensións e con pezas orixinais.

MUSEO DE PÉRGAMO I

Hai días visitei o Museo de Pérgamo en Berlín e quero compartir con vós o que vin ali dentro. Na sala central pódese ver a reconstrución do lado occidental do Altar de Pérgamo, magnífico monumento da arte helenística, erixido por Eumenes II no século II a.C. en lembranza das súas vitorias sobre os gálatas. Este altar é quizá o máis importante dos altares monumentais gregos. Aínda que sería mellor poder admiralo no seu emprazamento orixinal, na cidade de Pérgamo (actual Bergama, en Asia Menor), podemos disfrutar tamén admirándoo no museo berlinés xa que dispón de toda unha sala cunha panorámica impresionante.
Se queredes saber máis sobre este altar, premede AQUI e AQUI.
Aqui vos deixo unha selección de imaxes de historiaclasica.com




















Frases venres 15 (2ºBAC)

Δεῖ καλὸς καὶ ἀγαθὸς εἶναι.

Ὁ κύριος κελεύει ταῦτα ποιεῖν.

Ἡμῖν οὐκ ἔξεστι ἐχθροὺς ἔχειν.

Ἀεὶ καλὸν ἐστὶ τοὺς ἀνθρώπους τὴν ἀλήθειαν λέγειν.

02/10/2010

PRÁCTICA DO ALFABETO II

Deletrea, pasa a maiúsculas e le as seguintes palabras:

οἰκία
ἡδονή
ξένος
πόλεμος
ῥόδον
σίδηρος
κόσμος

10 NOVAS FRASES

Aqui tedes 10 novas frases sinxelas para traducir na fin de semana e como práctica do dicionario, xa que moitas das palabras seguro que non as coñecedes. Para a próxima semana traduciremos frases con pronomes, despois de darlle un bo repaso en clase.

1- Τίκτει ὁ κόρος ὕβριν.
2- Ἄνθρωπός πολιτικὸν ζῷον.
3- Αἱ κεναὶ ἐλπίδες φθείρουσι τὴν τῶν ἀνθρώπων εὐδαιμονίαν.
4- Πόλεμος πάντων μὲν πατήρ ἐστιν, πάντων δὲ βασιλεύς.
5- Μία χελιδὼν οὐ ποιεῖ ἔαρ.
6- Οἱ φρόνιμοι οὐκ ἀτιμάζουσι τοὺς θεούς.
7- Ἀναλεύθεροι εἰσιν οἱ φιλάργυροι.
8- Ἡ γῆ μήτηρ πάντων χρημάτων.
9- Δεινὸν πενία.
10-Οἱ θεοὶ πάντα ἀνθρώποις διδόασιν.